Tamén podedes ver imaxes da sala de teatro do Centro Dramático Galego de Santiago de Compostela, así como as dependencias interiores (camerinos, xastrería...) Picade aquí.
BLOG NO QUE IREMOS COLGANDO RECURSOS PARA FACILITAR A APRENDIZAXE DA LINGUA GALEGA EN 3º CICLO DE PRIMARIA
luns, 21 de abril de 2014
Léxico. Palabras referentes ao teatro.
Para ampliar o vocabulario do tema 14 do libro de Lingua Galega de 6º curso, que como ben sabedes ten a temática do teatro, quédavos aquí un enlace da páxina do Portal das Palabras.
luns, 3 de febreiro de 2014
martes, 3 de decembro de 2013
Un novo blog no centro: O blog da biblioteca
Quédavos aquí un novo blog creado no centro, o referente á biblioteca. Botádelle un vistazo porque iremos colgando fotografías das actividades que se realicen neste espazo así como diversos aspectos relacionados cos libros.
martes, 5 de novembro de 2013
Til diacrítico
Acentuación. Exercicios sobre o til diacrítico.
Exercicios para repasar o til diacrítico. Primeiro consultade a teoría, así aprenderedes algunha palabra máis con til diacrítico, e posteriormente realizade as tarefas.
Lembrade que son autoavaliativas. Picade na pestana "validar" para comprobar os resultados. E por suposto, corrixide os erros que cometades. É a mellor maneira de aprender, pero razoando e comprendendo sempre a solución, senón non servirá de nada.
luns, 4 de novembro de 2013
Exercicios de pronomes persoais tónicos e átonos
Facede os exercicios que aparecen nesta aplicación xa que vos servirán para repasar os pronomes persoais tónicos e átonos. Asemade, conta coa vantaxe de que son tarefas autoavaliativas, é dicir, poderedes saber ao instante se acertastes todo ou se tivestes algún erro.
Para facer a comprobación dos resultados picade na pestana de "validar".
martes, 8 de outubro de 2013
Casos especiais de acentuación
Neste recurso Edilim atoparedes algún caso que non explicamos no libro, pero non está de máis aprendelos. Cantas máis cousas saibamos, mellor.
luns, 7 de outubro de 2013
Acentuación dos ditongos e hiatos
Con este exercicio poderedes practicar e repasar a acentuación dos ditongos e os hiatos, algo que por regra xeral cóstavos un montón e que se o entendedes perfectamente pois non ten dificultade ningunha.
Coidado sobre todo coas palabras agudas que rematan en ditongo decrecente ou homoxéneo, xa que normalmente as acentuades e nunca levan til. Por exemplo: animais, despois, viviu...
Separación en sílabas: ditongos e hiatos
Aquí tedes un enlace para practicar a separación das palabras en sílabas. Comprenderedes perfectamente a diferencia entre ditongo e hiato. Asemade, daravos uns trucos para distinguilos perfectamente.
Este é un contido fundamental que tedes que dominar moi ben. Practicade tantas veces como sexa necesario e se tedes dúbidas preguntádelle ao mestre.
domingo, 6 de outubro de 2013
Regras xerais de acentuación
Un dos contidos que máis precisades repasar é o de acentuación das palabras xa que son moitísimas as faltas que cometedes. Quédavos aquí un enlace para que o repasedes ben e lembrade que se non practicades é imposible aprender, así que ánimo!!
Este contido é imprescindible. Repetide o exercicio tantas veces como necesitedes pero sempre comprendendo e razoando por que se acentúan esas palabras. Non chapedes as palabras, é un esforzo moi costoso e inútil. Entendede a aplicación das regras de acentuación.
O voso obxectivo é reducir o número de faltas de ortografía ata chegar a un punto no que de 100 palabras con til non cometadess ningún erro. Lembrade que a ortografía é fundamental, porque a precisamos para escribir calquera cousa: textos, ditados, comunicados...
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)