martes, 3 de decembro de 2013

Un novo blog no centro: O blog da biblioteca

http://www.blogvoreta.blogspot.com.es/
 
 
Quédavos aquí un novo blog creado no centro, o referente á biblioteca. Botádelle un vistazo porque iremos colgando fotografías das actividades que se realicen neste espazo así como diversos aspectos relacionados cos libros. 

martes, 5 de novembro de 2013

Til diacrítico

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1361276643/contido/Libro_5/acentogalegolibro5.html

Aquí tedes unha aplicación para repasar o contido do til diacrítico.

Acentuación. Exercicios sobre o til diacrítico.

http://contidosabalar.galebook.net/unidad/gal/1/linguistica/acentuacion-2/index.php
 
Exercicios para repasar o til diacrítico. Primeiro consultade a teoría, así aprenderedes algunha palabra máis con til diacrítico, e posteriormente realizade as tarefas.
Lembrade que son autoavaliativas. Picade na pestana "validar" para comprobar os resultados. E por suposto, corrixide os erros que cometades. É a mellor maneira de aprender, pero razoando e comprendendo sempre a solución, senón non servirá de nada. 


luns, 4 de novembro de 2013

Exercicios de pronomes persoais tónicos e átonos

http://contidosabalar.galebook.net/unidad/gal/5/linguistica/pronome-persoal/index.php


Facede os exercicios que aparecen nesta aplicación xa que vos servirán para repasar os pronomes persoais tónicos e átonos. Asemade, conta coa vantaxe de que son tarefas autoavaliativas, é dicir, poderedes saber ao instante se acertastes todo ou se tivestes algún erro.
Para facer a comprobación dos resultados picade na pestana de "validar".


martes, 8 de outubro de 2013

Casos especiais de acentuación

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1361277357/contido/Libro_6/libroacentos6.html
 
Neste recurso Edilim atoparedes algún caso que non explicamos no libro, pero non está de máis aprendelos. Cantas máis cousas saibamos, mellor.
 

luns, 7 de outubro de 2013

Acentuación dos ditongos e hiatos

 

Con este exercicio poderedes practicar e repasar a acentuación dos ditongos e os hiatos, algo que por regra xeral cóstavos un montón e que se o entendedes perfectamente pois non ten dificultade ningunha.
Coidado sobre todo coas palabras agudas que rematan en ditongo decrecente ou homoxéneo, xa que normalmente as acentuades e nunca levan til. Por exemplo: animais, despois, viviu...

Separación en sílabas: ditongos e hiatos


Aquí tedes un enlace para practicar a separación das palabras en sílabas. Comprenderedes perfectamente a diferencia entre ditongo e hiato. Asemade, daravos uns trucos para distinguilos perfectamente.

Este é un contido fundamental que tedes que dominar moi ben. Practicade tantas veces como sexa necesario e se tedes dúbidas preguntádelle ao mestre.

domingo, 6 de outubro de 2013

Regras xerais de acentuación


 

Un dos contidos que máis precisades repasar é o de acentuación das palabras xa que son moitísimas as faltas que cometedes. Quédavos aquí un enlace para que o repasedes ben e lembrade que se non practicades é imposible aprender, así que ánimo!!

Este contido é imprescindible. Repetide o exercicio tantas veces como necesitedes pero sempre comprendendo e razoando por que se acentúan esas palabras. Non chapedes as palabras, é un esforzo moi costoso e inútil. Entendede a aplicación das regras de acentuación.

O voso obxectivo é reducir o número de faltas de ortografía ata chegar a un punto no que de 100 palabras con til non cometadess ningún erro. Lembrade que a ortografía é fundamental, porque a precisamos para escribir calquera cousa: textos, ditados, comunicados...

Xogo de acentuación


Quédavos aquí un xogo para practicar a acentuación das palabras. Bótalle unha partida a quen ti queiras. Aprenderás algo sobre acentuación ao mesmo tempo que pasarás un rato divertido.
Proponlle un reto a algún compañeir@ para ver quen é o rei ou raíña da acentuación. Ánimo!!

martes, 25 de xuño de 2013

Portal das palabras

 
 
Aquí tedes un novo enlace grazas á colaboración da RAG e da Fundación Barrié. Sen dúbida que será un referente para a materia de Lingua Galega xa que conta con recursos do tipo xogos, dicionario, sinónimos de palabras... e moitas máis cousas.
Indagade e descubriredes un amplo abanico de posibilidades. 

martes, 18 de xuño de 2013

Traballos Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño.

Aquí quedan os traballos realizados polas alumnas Alba Santaya, Aida e Marta Roel. Foi unha mágoa que ninguén máis se animara a publicar o seu traballo, xa que os houbo moi bos.

martes, 30 de abril de 2013

Recoñecendo os complementos do predicado verbal

Aquí tedes un exercicio resumo para recoñecer os complementos do predicado verbal, é dicir, o complemento directo, indirecto e circunstancial. Ata que non marquedes ben tódalas respostas, non vos pasará para a seguinte ficha.
Pensade moi ben as palabras que ides seleccionar e razoádeo.

Recoñecer o complemento circunstancial (CC)


domingo, 28 de abril de 2013

Traballos alumn@s (entrevistas a famos@s)

Noraboa polos traballos realizados. Así quedou a montaxe. Espero que vos guste.

xoves, 25 de abril de 2013

Oracións con predicado verbal e nominal


Predicado nominal e verbal

Este exercicio axudaravos a distinguir as oracións con predicado verbal daquelas nas que o predicado é nominal. Non esquezades picar na pestana "comprobar" para saber se o fixestes correcta ou incorrectamente.

mércores, 24 de abril de 2013

Recoñecemento do núcleo do predicado

Neste exercicio non podedes cometer ningún erro. É unha actividade moi sinxela.

Cadro resumo do predicado

Este cadro resumo serviravos para comprobar se entendestes algunhas cuestións referentes ao predicado.

xoves, 11 de abril de 2013

Recoñecemento do núcleo do suxeito


Se premedes no texto levaravos a un enlace dende o que poderedes realizar un exercicio de recoñecemento do núcleo do suxeito.


domingo, 7 de abril de 2013

Suxeito e predicado

Aquí tedes todos os apartados de gramática dos temas 10, 11, 12 e 13. A idea desta presentación é facilitarvos a comprensión das explicacións que aparecen no libro sobre a temática de "compoñentes da oración", así que non dubidedes en consultala tantas veces como faga falta.

O importante é que o aprendades correctamente, independentemente do medio utilizado (libro, blog...) e sobre todo que o entendades.

Non lle teñades medo a ver tanta información xunta. Pode resultar lioso e complexo nun primeiro momento, pero unha vez lle collades o truco veredes que é sinxelo. Ánimo!!!


mércores, 3 de abril de 2013

Traballos sobre oficios tradicionais

Aquí tedes algúns dos traballos que elaborastes sobre a temática de "oficios tradicionais".







martes, 12 de marzo de 2013

Ortografía. Palabras con v.


Quédavos aquí un enlace para repasar as palabras que se escriben con v. Botádelle un vistazo porque haberá palabras no exame que se sacarán de aquí.

Vocabulario. Partes dunha embarcación


Aquí tedes as principais partes dunha embarcación. Para ver a foto en tamaño máis grande picade na fotografía.
Se non lembrades o significado dalgunha palabra consultádeo no dicionario.

luns, 11 de marzo de 2013

Historias de medo

Aquí quedan algunhas das historias de medo elaboradas por vós.
 



luns, 4 de marzo de 2013

Repaso. Palabras con b


Aquí tedes un enlace para practicar as palabras que se escriben con b.

sábado, 2 de marzo de 2013

Uso do b/v. Palabras diferentes ao castelán. Ollo!!


Picade no enlace e a continuación ide á pestana que está na marxe lateral esquerda no apartado de "ortografía". Premede aí e logo en "emprego de b e v".
Ollo con estas palabras. Aprendédeas ben porque se escriben totalmente diferentes en galego e castelán. Aquí non queda máis remedio que usar a memoria para aprendelas. Ánimo!!

Oficios e profesións. Tema 9.


Quédavos aquí un enlace a unha páxina que nos fala acerca dalgúns dos oficios tradicionais galegos. Moitos deles xa se foron perdendo, e agora unicamente os vemos nas feiras medievais que percorren as vilas no verán ou nalgúns obradoiros artesanais.

Botádelle un vistazo porque vos pode axudar para realizar o traballo de expresión escrita. Asemade, sería importante que tamén buscarades información pola vosa conta noutras páxinas de internet.

Traballo a entregar:
  • Investigar sobre algún dos oficios tradicionais galegos, preferentemente algún que xa se extinguira. Entregar nunha folla aparte un texto que fale sobre algún destes oficios. A estrutura é libre, cada un que o realice e o adorne ao seu antollo. Mínimo 10 liñas.   

venres, 1 de marzo de 2013

150 aniversario de "Cantares Gallegos"

 
O pasado 24 de febreiro celebrouse o día de Rosalía de Castro, conmemorando que hai 150 anos publicou a súa gran obra poética "Cantares Gallegos". Debedes saber, aínda que seguro que xa vos soa, que o Día das Letras Galegas celébrase porque é precisamente a data de edición desta obra poética, sendo o primeiro libro escrito íntegramente en galego.
 
Investiguemos un pouco máis sobre esta magnífica escritora galega e respostade ás preguntas que vos foron entregadas. Para iso necesitades buscar información nestes outros enlaces.
 
 
 
 

mércores, 27 de febreiro de 2013

Acentuación. Exercicio número 3.


Ide ao exercicio número 3 e comprobade as solucións. Correxide os erros que cometerades para posteriormente entregarlle as fichas ao profesor. 


luns, 25 de febreiro de 2013

Para practicar as preposicións

 
Aquí queda un enlace para practicar as preposicións. Novamente agradecémoslle o traballo ao CEIP Frián-Teis de Vigo.
Parádevos principalmente no exercicio composto por un texto no que hai que localizar as preposicións. Anotade nun caderno todas as que atopedes e logo comprobade se o fixestes ben.

 

martes, 5 de febreiro de 2013

Enlaces de repaso para o exame temas 6 e 7

Grazas ao traballo feito polo colexio CEIP Frián-Teis de Vigo, aquí vos quedan uns enlaces para poder practicar algúns dos contidos traballados nos temas 6 e 7. Intentade facelos todos porque seguro que vos servirán de gran axuda para preparar o exame. Coma sempre, premede nas imaxes para abrir os arquivos.
 

VERBOS
 
 
ADVERBIOS E LOCUCIÓNS ADVERBIAIS
 



martes, 29 de xaneiro de 2013

Exercicios para repasar adverbio e locucións adverbiais

Preme na imaxe e atoparás exercicios relacionados co adverbio e as locucións adverbiais.

martes, 15 de xaneiro de 2013

O verbo. Esquema



Premede na imaxe para ver o esquema nun tamaño máis grande.

luns, 7 de xaneiro de 2013

Verbos regulares e irregulares. Esquema.



Premede na imaxe para ampliar o esquema. Seguro que vos será máis útil e fácil de aprender. Tomádeo como un recurso máis polo que poder estudar, aparte do que apareza no libro de texto.

O verbo. Repaso de 5º curso.