Amosando publicacións coa etiqueta Temáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Temáticas. Amosar todas as publicacións

sábado, 2 de marzo de 2013

Oficios e profesións. Tema 9.


Quédavos aquí un enlace a unha páxina que nos fala acerca dalgúns dos oficios tradicionais galegos. Moitos deles xa se foron perdendo, e agora unicamente os vemos nas feiras medievais que percorren as vilas no verán ou nalgúns obradoiros artesanais.

Botádelle un vistazo porque vos pode axudar para realizar o traballo de expresión escrita. Asemade, sería importante que tamén buscarades información pola vosa conta noutras páxinas de internet.

Traballo a entregar:
  • Investigar sobre algún dos oficios tradicionais galegos, preferentemente algún que xa se extinguira. Entregar nunha folla aparte un texto que fale sobre algún destes oficios. A estrutura é libre, cada un que o realice e o adorne ao seu antollo. Mínimo 10 liñas.   

mércores, 5 de decembro de 2012

Xogo sobre a diversidade cultural de Galicia



Xogo que ten como obxectivo fundamental que descubrades a gran diversidade cultural da Comunidade Autónoma na que viven: Galicia. A aplicación consta de 120 propostas sobre a cultura de Galicia: Os símbolos identificativos, as institucións, a gastronomía, flora e fauna, historia, literatura, música, novas iniciativas e tendencias.

xoves, 8 de novembro de 2012

SEMANA DA CIENCIA


Como pequena homenaxe á semana da Ciencia aquí vos queda un enlace sobre algúns dos máis prestixiosos científicos galegos que houbo ao longo da historia. Posiblemente non vos soarán a maioría ou ningún deles, pero por se alguén ten curiosidade en investigar cremos que esta páxina gustaravos e vos pode aportar información útil nalgún momento.

Quen sabe! Ao mellor dentro dun século aparece aquí algún de vós.