martes, 8 de outubro de 2013

Casos especiais de acentuación

http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/datos/1361277357/contido/Libro_6/libroacentos6.html
 
Neste recurso Edilim atoparedes algún caso que non explicamos no libro, pero non está de máis aprendelos. Cantas máis cousas saibamos, mellor.
 

luns, 7 de outubro de 2013

Acentuación dos ditongos e hiatos

 

Con este exercicio poderedes practicar e repasar a acentuación dos ditongos e os hiatos, algo que por regra xeral cóstavos un montón e que se o entendedes perfectamente pois non ten dificultade ningunha.
Coidado sobre todo coas palabras agudas que rematan en ditongo decrecente ou homoxéneo, xa que normalmente as acentuades e nunca levan til. Por exemplo: animais, despois, viviu...

Separación en sílabas: ditongos e hiatos


Aquí tedes un enlace para practicar a separación das palabras en sílabas. Comprenderedes perfectamente a diferencia entre ditongo e hiato. Asemade, daravos uns trucos para distinguilos perfectamente.

Este é un contido fundamental que tedes que dominar moi ben. Practicade tantas veces como sexa necesario e se tedes dúbidas preguntádelle ao mestre.

domingo, 6 de outubro de 2013

Regras xerais de acentuación


 

Un dos contidos que máis precisades repasar é o de acentuación das palabras xa que son moitísimas as faltas que cometedes. Quédavos aquí un enlace para que o repasedes ben e lembrade que se non practicades é imposible aprender, así que ánimo!!

Este contido é imprescindible. Repetide o exercicio tantas veces como necesitedes pero sempre comprendendo e razoando por que se acentúan esas palabras. Non chapedes as palabras, é un esforzo moi costoso e inútil. Entendede a aplicación das regras de acentuación.

O voso obxectivo é reducir o número de faltas de ortografía ata chegar a un punto no que de 100 palabras con til non cometadess ningún erro. Lembrade que a ortografía é fundamental, porque a precisamos para escribir calquera cousa: textos, ditados, comunicados...

Xogo de acentuación


Quédavos aquí un xogo para practicar a acentuación das palabras. Bótalle unha partida a quen ti queiras. Aprenderás algo sobre acentuación ao mesmo tempo que pasarás un rato divertido.
Proponlle un reto a algún compañeir@ para ver quen é o rei ou raíña da acentuación. Ánimo!!