venres, 30 de novembro de 2012

martes, 27 de novembro de 2012

CITA NÚMERO 11



Podedes buscar información en google sobre este autor e o seu libro "Canción de Navidad", no que aparece como protagonista o señor Scrooge, mencionado na lectura da unidade 5 do libro de Lingua Galega de 6º de Primaria.

luns, 26 de novembro de 2012

Repaso substantivos e adxectivos. Xénero e número



Enlace para repasar o que vimos no tema 1 sobre o xénero e o número dos substantivos, así como a clasificación dos mesmos.

domingo, 25 de novembro de 2012

Exercicios de todo tipo con solucións



Aquí tedes unha obra maestra para poder facer tantos exercicios como queirades, un gran enlace para repasar moitos dos contidos que traballamos en clase. Pero ollo! Teredes que seleccionar os máis adecuados para a vosa idade xa que hai moitos exercicios que non os saberedes facer porque son contidos que aínda non explicamos na aula.

Aproveitade este gran recurso, xa que tedes aí un tesouro nas vosas mans. Asemade, saberedes se os facedes ben ou mal xa que vós mesmos os podedes correxir.

Picade na imaxe para entrar.

martes, 13 de novembro de 2012

Daniel Souto (6ºC) en anuncio de Gadis



Por se todavía non vistes o anuncio de Gadis no que sae o alumno do noso colexio Daniel Souto de 6ºC, aquí vos queda o enlace para poder visionalo.
Dani, a voz sáeche transformada, jeje!

O adxectivo. Exercicios


Aquí vos quedan unha serie de exercicios que vos poden axudar a comprender mellor algunhas das cousas que explicamos do adxectivo. Picade na imaxe para empezar.

xoves, 8 de novembro de 2012

SEMANA DA CIENCIA


Como pequena homenaxe á semana da Ciencia aquí vos queda un enlace sobre algúns dos máis prestixiosos científicos galegos que houbo ao longo da historia. Posiblemente non vos soarán a maioría ou ningún deles, pero por se alguén ten curiosidade en investigar cremos que esta páxina gustaravos e vos pode aportar información útil nalgún momento.

Quen sabe! Ao mellor dentro dun século aparece aquí algún de vós.

O xogo do aforcado






Cantas veces xogastes ao aforcado? Seguro que un montón de veces cos vosos amigos pero estamos convencidos de que nunca xogastes en galego.

Anímádesvos a botar unha partida? Que teñades sorte, e principalmente moitas palabras de vocabulario metidas nas vosas cabeciñas. Premede na imaxe e a disfrutar!!