mércores, 31 de outubro de 2012

O Samaín



Este vídeo foi elaborado no CEIP Mestres Goldar de Vigo, pero ímolo
aproveitar xa que canta unha canción en galego sobre a festa do Samaín.

Buscade información en internet acerca do Samaín para coñecer un
pouco da historia desta celebración que cada vez ten máis auxe na nosa
terra.

Quédavos aquí un enlace a unha páxina, pero sede vós autónomos e
tratade de recopilar máis datos pola vosa conta.

http://www.xente.mundo-r.com/norberto/recursos/samain_e.htm

luns, 29 de outubro de 2012

O adxectivo




Aquí tedes unha explicación acerca do adxectivo cualificativo. Se a explicación
que vos aparece no libro no tema 3 resúltavos liosa, non dubidedes en ver esta
presentación porque ao mellor acláravos algunhas dúbidas.

Lembrade que o importante non é aprender todas estas cousas de memoria,
senón entendelas empregando a lóxica común. Razoade as cousas que estudades
porque a vosa aprendizaxe será mellor e vos costará menos traballo aprender.

mércores, 24 de outubro de 2012

GALICIA. Un paraíso con encanto.




Aínda que o vídeo estea en castelán, merece a pena velo para descubrir os encantos que temos en Galicia.

martes, 23 de outubro de 2012

O Preguntoiro



Un xogo que che permitirá aprender vocabulario en galego e moitas máis cousas. A que esperas para xogar? Anímate a botar unha partida, verás que divertido. Preme na imaxe.

sábado, 20 de outubro de 2012

CITA NÚMERO 5

Esta é a cita que tivemos esta semana. O seu autor é Fernando Pessoa, poeta portugués. Se queredes saber máis datos del facede unha búsqueda por internet xa que hai moitas páxinas referidas a el. 

SUBSTANTIVOS. CLASIFICACIÓN.


AQUÍ TEDES UN ENLACE PARA TRABALLAR A CLASIFICACIÓN DOS NOMES.

SUBSTANTIVOS. XÉNERO E NÚMERO.

AQUÍ TEDES UN RECURSO EDILIM PARA PRACTICAR O XÉNERO E O NÚMERO DOS SUBSTANTIVOS.