Aquí tedes unha aplicación para repasar o contido do til diacrítico.
BLOG NO QUE IREMOS COLGANDO RECURSOS PARA FACILITAR A APRENDIZAXE DA LINGUA GALEGA EN 3º CICLO DE PRIMARIA
martes, 5 de novembro de 2013
Til diacrítico
Acentuación. Exercicios sobre o til diacrítico.
Exercicios para repasar o til diacrítico. Primeiro consultade a teoría, así aprenderedes algunha palabra máis con til diacrítico, e posteriormente realizade as tarefas.
Lembrade que son autoavaliativas. Picade na pestana "validar" para comprobar os resultados. E por suposto, corrixide os erros que cometades. É a mellor maneira de aprender, pero razoando e comprendendo sempre a solución, senón non servirá de nada.
luns, 4 de novembro de 2013
Exercicios de pronomes persoais tónicos e átonos
Facede os exercicios que aparecen nesta aplicación xa que vos servirán para repasar os pronomes persoais tónicos e átonos. Asemade, conta coa vantaxe de que son tarefas autoavaliativas, é dicir, poderedes saber ao instante se acertastes todo ou se tivestes algún erro.
Para facer a comprobación dos resultados picade na pestana de "validar".
martes, 8 de outubro de 2013
Casos especiais de acentuación
Neste recurso Edilim atoparedes algún caso que non explicamos no libro, pero non está de máis aprendelos. Cantas máis cousas saibamos, mellor.
luns, 7 de outubro de 2013
Acentuación dos ditongos e hiatos
Con este exercicio poderedes practicar e repasar a acentuación dos ditongos e os hiatos, algo que por regra xeral cóstavos un montón e que se o entendedes perfectamente pois non ten dificultade ningunha.
Coidado sobre todo coas palabras agudas que rematan en ditongo decrecente ou homoxéneo, xa que normalmente as acentuades e nunca levan til. Por exemplo: animais, despois, viviu...
Separación en sílabas: ditongos e hiatos
Aquí tedes un enlace para practicar a separación das palabras en sílabas. Comprenderedes perfectamente a diferencia entre ditongo e hiato. Asemade, daravos uns trucos para distinguilos perfectamente.
Este é un contido fundamental que tedes que dominar moi ben. Practicade tantas veces como sexa necesario e se tedes dúbidas preguntádelle ao mestre.
domingo, 6 de outubro de 2013
Regras xerais de acentuación
Un dos contidos que máis precisades repasar é o de acentuación das palabras xa que son moitísimas as faltas que cometedes. Quédavos aquí un enlace para que o repasedes ben e lembrade que se non practicades é imposible aprender, así que ánimo!!
Este contido é imprescindible. Repetide o exercicio tantas veces como necesitedes pero sempre comprendendo e razoando por que se acentúan esas palabras. Non chapedes as palabras, é un esforzo moi costoso e inútil. Entendede a aplicación das regras de acentuación.
O voso obxectivo é reducir o número de faltas de ortografía ata chegar a un punto no que de 100 palabras con til non cometadess ningún erro. Lembrade que a ortografía é fundamental, porque a precisamos para escribir calquera cousa: textos, ditados, comunicados...
Xogo de acentuación
Quédavos aquí un xogo para practicar a acentuación das palabras. Bótalle unha partida a quen ti queiras. Aprenderás algo sobre acentuación ao mesmo tempo que pasarás un rato divertido.
Proponlle un reto a algún compañeir@ para ver quen é o rei ou raíña da acentuación. Ánimo!!
martes, 25 de xuño de 2013
Portal das palabras
Aquí tedes un novo enlace grazas á colaboración da RAG e da Fundación Barrié. Sen dúbida que será un referente para a materia de Lingua Galega xa que conta con recursos do tipo xogos, dicionario, sinónimos de palabras... e moitas máis cousas.
Indagade e descubriredes un amplo abanico de posibilidades.
martes, 18 de xuño de 2013
Traballos Letras Galegas 2013. Roberto Vidal Bolaño.
Aquí quedan os traballos realizados polas alumnas Alba Santaya, Aida e Marta Roel. Foi unha mágoa que ninguén máis se animara a publicar o seu traballo, xa que os houbo moi bos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








